O Concello de Betanzos convoca o XII Concurso de carteis das Letras

566

O Concello de Betanzos inicia a programación das Letras Galegas 2022 co XII Concurso de carteis, que este ano se centrará na figura do escritor Florencio Delgado Gurriarán.

O cartel escollido polo xurado do XII Concurso de carteis das Letras Galegas será o que ilustre o Programa das Letras Galegas 2022 do Concello de Betanzos. A entrega dos premios farase nun acto público e outorgarase un primeiro premio ao cartel seleccionado e dous accésits.

Os carteis que se presenten ao concurso deberán ter como motivo a figura homenaxeada neste ano polo Día das Letras Galegas, Florencio Delgado Gurriarán, e realizarse de xeito individual ademais de axustarse ás bases que se poden consultar en www.betanzos.gal. Os traballos poderanse entregar entre o 1 e o 25 de abril nas secretarías do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín, do Centro Pai Menni, na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected]

Descarga as bases aquí.