O Concello de Betanzos convoca o XIII Concurso de carteis das Letras

350

O Concello de Betanzos inicia a programación das Letras Galegas 2023 co XIII Concurso de carteis, que este ano se centrará na figura do escritor Francisco Fernández del Riego.

O cartel escollido polo xurado do XIII Concurso de carteis das Letras Galegas será o que ilustre o programa das Letras Galegas 2023 do Concello de Betanzos. A entrega dos premios farase nun acto público e outorgarase un primeiro premio ao cartel seleccionado e dous accésits.

Os carteis que se presenten ao concurso deberán ter como motivo a figura homenaxeada neste ano polo Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, e realizarse de xeito individual ademais de axustarse ás bases que se poden consultar en www.betanzos.gal. Os traballos poderanse entregar entre o 10 e o 25 de abril nas secretarías do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”, do CEIP Francisco Vales Villamarín, do Centro Pai Menni, na Casa do Concello ou na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao.

O Concello de Betanzos organizará unha exposición cos carteis participantes durante o mes de maio no edificio Arquivo e dentro das actividades da programación das Letras Galegas 2023.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected].