O Concello de Betanzos dedica este 2024 a súa campaña do 25 de novembro á violencia vicaria, abrindo o prazo de inscrición para que establecementos e entidades se adhiran.

406

O Concello de Betanzos retoma a súa campaña Contra as Violencias, desta vez para poñer o foco na violencia vicaria, que é aquela na que se utiliza aos menores para danar á parella ou ex-parella, e que nos últimos anos creceu notablemente.

Como vén sendo habitual, a administración local quere contar coa implicación do comercio, dos locais de hostalaría, das empresas, dos centros de ensino, e das asociacións e entidades da contorna para trasladar unha mensaxe de unidade fronte á violencia de xénero.


A estes establecementos entregaránselles diferentes materiais de sensibilización, co obxectivo de poder transmitir á poboación o férreo compromiso a favor da igualdade.

O período de inscrición para adherirse á campaña comeza o martes 5 e finaliza o martes 12 de novembro.

Como canles para a inscrición estarán operativos tanto o teléfono dos Servizos Sociais municipais (981.77.07.07) como a solicitude en liña a través da seguinte ligazón.

Adhesión campaña Contra as Violencias 2024