O Concello lamenta de novo os actos vandálicos que se cometeron durante o pasado fin de semana e que supoñen un gasto económico importante para as arcas municipais.
Neste caso, afectou os aseos públicos, onde se realizaron numerosas pintadas e á rotura do peche do parque infantil situado en Salvador Cabeza de León.
Esta semana limparanse os aseos e reporáse o peche, mentres a Policía Local reúne datos para dar coa/s persoa/s autora/s dos feitos que, como en casos anteriores, serán denunciada/s.
Concello instalará nos próximos días cámaras de seguridade na zona dos baños (canellón entre o edificio Arquivo e os Xulgados) e na Alameda (detrás do Arquivo).













