O Concello abrirá un expediente por incumprir a Ordenanza municipal de limpeza despois de que aparecesen en plena vía pública, na rúa Curros Enríquez, unha grande cantidade de trastes abandonados.
Entre os restos localizados atopouse documentación que permite agora identificar á persoa propietaria destes trastes polo que o Concello abrirá os correspondentes expedientes administrativos.











