Xarope Tulú chegou aos Sábados Miúdos co espectáculo “Corochas”

436

O pasado sábado 23 de abril Xarope Tulú volveu a Betanzos co espectáculo “Corochas” dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados Miúdos 2022 do Concello de Betanzos. O espectáculo tivo lugar ás 12:00 h da Sala de Usos Múltiples do Edificio Arquivo.

O espectáculo estivo destinado a nenos e nenas de ata 3 anos e as súas familias e tivo unha duración de 40 minutos. 

Os Sábados Miúdos deste ano 2022 continuarán no mes de maio co concerto de Pakolas “Ramona órbita e a dona do tempo”, que terá lugar o sábado 21 de maio ás 18.00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns.

Máis información no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, situado no segundo andar da Casa do Concello, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico [email protected].

“Corochas”

Corochas é un espectáculo de pequeno formato dirixido á pequena infancia, que combia narración oral, manipulación de obxectos e música. A través do conto acumulativo, da canción e do xogo de acumulación viaxaremos por diversas paisaxes e coñeceremos personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.

Os obxectivos da actividade son favorecer o encontro entre a cativada desde moi pequenos, estimular e despertar sensacións e emocións, e ofrecer propostas escénicas para aquelas cativas e cativos que adquiren o galego como lingua inicial.