O Concello de Betanzos, no seu compromiso coas persoas maiores, publica novamente unha serie de materiais para estimular a memoria e outras funcións cognitivas.
Para descargar os materiais para estimular a memoria e outras funcións cognitivas prema aquí
Trala primeira edición difundida no confinamento, e unha segunda edición lanzada a principios do 2021, esta terceira chega no segundo trimestre do ano.
Os materiais poden ser consultados e descargados por parte das persoas interesadas na web do Concello de Betanzos e nas redes sociais municipais.
Así mesmo, estes materiais entregaranse ao alumnado que estivo inscrito no Obradoiro de Estimulación Cognitiva no curso 2019/2020, ao non poder incorporarse de forma presencial no curso 2020/2021 por mor da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.
Os materiais abranguen diferentes tarefas coas que poder poñer a proba, entre outras, as habilidades de recordo, cálculo, comprensión, debuxo, lóxica, etc.
Desta maneira, o Concello de Betanzos pretende contribuír a reducir os factores de risco que poden desencadear un deterioro cognitivo prematuro nas e nos maiores.