O Concello de Betanzos programa un novo obradoiro de poesía e escrita creativa xuvenil

486
Cartel do obradoiro de poesía e escrita creativa xuvenil

O xoves, 28 de xaneiro, empezou no IES As Mariñas por terceiro ano consecutivo un obradoiro de poesía e escrita creativa xuvenil para un grupo de mozos e mozas especialmente interesadas na escrita literaria en galego. Este obradoiro, que correu por conta das escritoras galegas Dores Tembrás e Antía Otero e desenvolverase en diversas sesións que terán lugar entre os meses de xaneiro e decembro de 2021.

O Concello de Betanzos programou esta actividade a través do Servizo de Normalización Lingüística en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística do IES As Mariñas para desenvolver nun espazo máis longo de tempo os obradoiros de escrita que se veñen levando a cabo cada ano con motivo do Día do libro e para potenciar a participación no Concurso de creación literaria que este ano chega á súa décima edición.

O Obradoiro de poesía e escrita creativa xuvenil pretende, ante a grande barreira que adoita provocar a poesía e a literatura en xeral co alumnado, busca desmitificar multitude de tópicos que xorden arredor da escrita. As sesións afróntanse dende o sensorial e o interdisplinar, a través do debate colectivo arredor das experiencias, do emprego da propia voz para escoitar as palabras no eco, da relación que se crean entre elas na sinestesia e noutros recursos estilísticos, achegaranse ao misterioso xogo e á revelación que que proporciona a poesía, para chegar á escrita colectiva ao final de cada encontro.