O Concello de Betanzos, no seu afán por continuar apoiando políticas de benestar para o colectivo de maiores, publica unha nova edición dos “Materiais para Exercitar a Mente”.
Esta iniciativa, que naceu no seo do confinamento derivado da crise sanitaria pola COVID-19, continúa desenvolvéndose na actualidade coa quinta edición de materiais. Nesta ocasión, con diversas actividades relacionadas co Nadal coas que se poden adestrar diferentes funcións executivas e de memoria.
Os materiais poden consultarse e descargarse na web do Concello de Betanzos pramando aquí e nas redes sociais municipais.
Complementariamente, estes materiais están a disposición do alumnado inscrito no Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva municipal, á espera de retomar as sesións presenciais, previstas para o primeiro trimestre de 2022.