O Betanzos volveu poñer en valor o talento e a iniciativa feminina coa entrega do distintivo Muller Emprendedora 2025, unha iniciativa enmarcada nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller.
Nesta edición, foron 13 as mulleres recoñecidas por ter iniciado un negocio ou asumido a titularidade dunha empresa ao longo do último ano. As premiadas representan unha ampla diversidade de sectores, desde a cerámica, a odontoloxía e a costura, ata a estética, a hostalaría, o deseño gráfico e a fisioterapia.
Entre os proxectos distinguidos atópanse, as rexentes de Sara Sal Taller Cerámico; de Move Estudio Dental; dos talleres de costura Loli Lafuente e Puntadas con Amor; dos negocios de perruquería e estética IB Studio, Nabila Lorrane Uñas e Dayana Gómez Beauty Studio; dos locais de hostalaría Café Bar Montero, Bar A Esquina, A Moniña dos Caneiros e Más que Pan; completando a listaxe Diseño Gráfico Miúdo Estudio e Fisioterapia Santos.
O obxectivo desta iniciativa é non só recoñecer o labor das emprendedoras, senón tamén favorecer a creación de redes de colaboración e apoio mutuo entre elas, promovendo o empoderamento feminino no ámbito empresarial local.











