O Concello denunciou a situación da vivenda do número 4 da rúa da Cerca ante a Garda Civil e expresou a súa preocupación na última Xunta de Seguridade (onde xa o fixera con anterioridade), na que estaban presentes mandos da Policía Local e da Garda Civil.
Precisamente nesa Xunta, acordouse intensificar a vixilancia e favorecer a colaboración entre ambos os corpos de seguridade para evitaren situacións de trapicheo e condutas incívicas.
Por outra parte, desde a alcaldía informouse a veciñanza da zona destes pasos e trasladóuselle que se está a facer todo o posible para unha administración, como é denunciar o caso e que as forzas e corpos de seguridade poidan actuar.
Trátase de situacións, como lamentablemente se producen noutras cidades, coas que se encontra a administración e que, en contra da vontade do goberno local, se alongan no tempo máis do debido.
A maiores, desde o Concello buscaron conversacións coa propiedade para tratar de buscaren tamén solucións por esa vía, ata agora sen éxito.












