A alcaldesa, María Barral, xunto coa edil de Cultura, Ana Veiga, e unha delegación da EMUF, foron recibidos o pasado 5 de decembro, polo presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón.
A agrupación musical betanceira levou o mellor da nosa música a terras asturianas, onde protagonizarán diversas actuacións.
A rexedora agradeceu a súa hospitalidade e o seu gran trato, e fíxolle un convite para coñecer o noso municipio.
Por outra banda a Escola Municipal de Folclore de Betanzos e Grupo Azougue actuou onte en Arriondas, no concello asturiano de Parres.
Os integrantes do grupo, acompañados da alcaldesa, María Barral, foron recibidos polo rexedor, Emilio García.
É un orgullo espallar o espírito betanceiro do Nadal por outras vilas














