O Concello distinguirá aos comercios e locais de hostalaría que colaboren na Feira Medieval e nas festas de agosto

876

O Concello destacará aos hostaleiros e comerciantes que colaboren na feira e nas festas de agosto, distinguíndoos como “local colaborador”. Será a primeira ocasión na que o Concello recoñeza publicamente a colaboración destes establecementos comerciais e hostaleiros a través dun distintivo que se colocará na entrada ao local.

Trátase de locais que colaboran co Concello poñendo publicidade no libro da feira ou das festas de agosto e “o que pretendemos é que a veciñanza saiba quen son as empresas, comercios ou establecementos hostaleiros que colaboran nas festas.

“Coidamos que é xusto facerlles ese recoñecemento”, explica a concelleira de responsable de Feira Medieval, Mónica Carneiro.

O distintivo incluirá o cartel da feira ou das festas de agosto. Os prezos dos anuncios para o libro da feira medieval son de 50 euros e 100 euros, en función do tamaño; mentres que para as de agosto son de 60 euros, 80 euros, 110 euros e 160 euros, en función do tamaño e cor ou branco e negro.

A maiores, nas festas de agosto, hai unha categoría de “colaborador especial” con achegas que van desde 300 euros a 600 euros.

O ano pasado, 2018, na feira medieval recadáronse 3600 euros, mentres nas festas de agosto algo máis de 12 000 euros.