O Concello entregou o Premio Úrsula Meléndez de Texeda a Ángela Fernández Gómez. Galería de imaxes

253

A alcaldesa, María Barral, entregou o premio Úrsula Meléndez de Texeda a Ángela Fernández Gómez, propietaria do Restaurante La Casilla, en recoñecemento á súa traxectoria e traballo á fronte deste emblemático establecemento.

No seu discurso, a primeira edil agradeceu, en primeiro lugar, á familia da homenaxeada e á propia homenaxeada por acoller o acto na súa casa, nun restaurante emblemático na historia de Betanzos como La Casilla.

Lembrou que se trata do premio pola igualdade máis importante do Concello co que a corporación brigantina recoñece o labor, colectiva ou individual, de quen coa súa actividade, persoal ou profesional, contribuíron a fomentar esa igualdade de xénero en Betanzos. Durante estes anos recibiron o galardón mulleres e entidades que dedicaron a súa vida ao asociacionismo ou a sectores tan dispares como o educativo, a cultura, o comercial ou o político.

Nesta ocasión, acordouse por unanimidade, a proposta do equipo de goberno, concederllo a Angela Fernández Gómez, “Angelita”, para destacar a traxectoria dunha muller traballadora, que leva décadas á fronte a un dos restaurantes máis emblemáticos  e berce do que hoxe en día é o produto gastronómico de Betanzos como é a tortilla de patacas, estilo Betanzos.

Foi La Casilla o que fixo da tortilla o seu emblema, sobre o que cimentou a súa fama. E coa súa fama, a dunha maneira de entender a tortilla, da que sente orgulloso Betanzos, que agora a ofrece en decenas de establecementos e exporta por múltiples lugares.

Ángela Fernández Gómez mantivo unha esencia especial desde que se puxo á fronte dos fogóns a principios da década dos 90, mantendo durante estes anos a tradición nun establecemento familiar ao que  dedicou horas e horas cada día, converténdose nun referente e exemplo tamén para outras moitas mulleres do municipio.

O Concello pretende que con este premio réndaselle un máis que merecido homenaxe a unha muller que, neste sentido,  loitou e loita por reivindicar o seu papel como muller, os seus dereitos, a base de esforzo, traballo e sacrificio, sendo tamén un exemplo para moitas mulleres betanceiras, un galardón merecido, a unha muller da que sempre, sempre, tiña e ten un sorriso para todo o mundo

Foi La Casilla o que fixo da tortilla o seu emblema, sobre o que cimentou a súa fama. E coa súa fama, a dunha maneira de entender a tortilla, da que sente orgulloso Betanzos, que agora a ofrece en decenas de establecementos e exporta por múltiples lugares.

Ángela Fernández Gómez mantivo unha esencia especial desde que se puxo á fronte dos fogóns a principios da década dos 90, mantendo durante estes anos a tradición nun establecemento familiar ao que  dedicou horas e horas cada día, converténdose nun referente e exemplo tamén para outras moitas mulleres do municipio.

O Concello pretende que con este premio réndaselle un máis que merecido homenaxe a unha muller que, neste sentido,  “loitou e loita por reivindicar  o seu papel como muller, os seus dereitos, a base de esforzo, traballo e sacrificio, sendo tamén un exemplo para moitas mulleres betanceiras, un galardón merecido, a unha muller da que sempre, sempre, tiña e ten un sorriso para todo o mundo