O Concello esíxelle a Educación un trato igualitario con outros centros escolares e melloras urxentes no IES Francisco Aguiar e no CEIP Vales Villamarín

1673
CEIP Vales Villamarín

O goberno local considera que son insuficientes as obras de mellora levadas a cabo pola Consellería de Educación no Instituto Francisco Aguiar que consistiron, basicamente, la instalación de 29 fiestras en cinco aulas, e ficou a maior parte do centro sen cambiar. Amosou o seu malestar polo que supón de agravio comparativo ao instalar unhas fiestras que xa foron utilizadas noutro centro escolar e que agora veñen de rebote a Betanzos. “No centro de procedencia, o de Arzúa, as fiestras cambiáronse hai dous anos. Agora volvéronse a cambiar por outras novas. En Betanzos seguimos reclamando actuacións no instituto que non dan chegado, o que demostra o desinterese da Consellería por atender as demandas do Concello e da Comunidade Educativa”.

A última petición formalizaouse hai uns meses cando a Xunta se anunciaba unha serie de investimentos en vinte centros educativos de Galicia nos que non estaba nin o Vales Villamarín nin o Francisco Aguiar a pesar das necesidades existentes en ambos os dous centros. Naquel momento, o Concello, ademais de demandarlle á Xunta as melloras, lamentaba que o goberno autonómico se esquecese nesa relación dos dous colexios de Betanzos a pesar das obras pendentes e as peticións realizadas, polo que demandaba que unha partida desa relación de traballos que pretendía abordar durante o pasado verán a Consellería se destinase aos colexios de Betanzos, tendo en conta a necesidade de acometer competencia da Administración autonómica”.

No pasado curso escolar a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, cumpriu o compromiso adquirido en anos pasados, e realizou unha reforma dun dos dous bloques do CEIP Francisco Vales Villamarín, unha reforma que consistiu na adecuación de fachada, cambios de xanelas, pintado dos interiores e mellora da iluminación. Estas obras, de gran satisfacción para a comunidade escolar, transformaron o centro nun colexio máis moderno, máis confortable e máis eficiente dende un punto de vista enerxético, e polo tanto, comprometido coa sustentabilidade e o medio ambiente.

Non obstante, o segundo bloque do colexio segue sendo unha construción dos anos 70 que, como o anterior bloque, tamén necesita unha mellora integral. Este segundo edificio está nun estado moi similar ao que se estaba o primeiro bloque e necesita melloras en todo aquilo que configura a envolvente exterior, co fin de diminuír as perdas térmicas e mellorar a súa eficiencia e a iluminación e o pintado interior.

Canto ao IES Francisco Aguiar, é necesaria unha reforma integral dos catro edificios que compoñen o centro. O Concello, no seu momento, solicitou unha actuación de remodelación integral por fases dada a deterioración que sufre un centro “onde dende hai anos a Xunta non levou a cabo ningunha actuación significativa agás reutilizar agora 29 fiestras doutro centro en Betanzos”.

O goberno local lembra que entre as actuacións que lle correspondía á Consellería estaba o patio cuberto de Infantil, actuación que tivo que facer este verán o Concello con fondos propios logo de que Educación “recollese”.