O Concello impartiu tres cursos para formar á mocidade en áreas cunha alta empregabilidade.

334

O Concello de Betanzos organizou neste primeiro semestre 3 cursos dirixidos a aumentar a formacion e incrementar as posibilidades de atopar emprego entre os máis novos do municipio.

Para iso organizou os obradoiros de operador de carretilla elevadora, operador de Plataformas PEMP e finalmente o de operador de Ponte Grúa.
Algúns cursos como o de carretilla elevadora contan cunha alta demanda por parte do alumnado, sendo unha das ofertas fixas no calendario formativo por parte da Concellería de Xuventude.

Este ano ante a demanda e o interese dos participantes a oferta enriqueceuse coa oferta do curso de PEMP (plataformas elevadoras) e Ponte Grúa.

En todos os cursos os asistentes recibiron formación teórico-práctica que os capacita para manexar a maquinaria pertinente, dándose varios casos nos que o alumnado non puido participar no derradeiro curso por ter atopado traballo trala realización dos anteriores.

Outro aspecto salientable deste tipo de formación é que se van rompendo barreiras de xénero e a presenza feminina vaise notando pouco a pouco, sobre todo en cursos cunha alta demanda como o de carretillas, onde o 26% dos participantes eran alumnas. A participación de alumnado de diferentes nacionalidades é outra das carácteristicas destes cursos, onde no total dos tres cursos se inscribiron alumnos con nacionalidases diversas como a española, arxentina, cubana, venezolana, dominicana, peruana, colombiana, senegalesa ou marroquí.

 


Trala valoración positiva por parte do alumnado dende a Concellería de Xuventude valorase a continuidade deste tipo de accións formativas e a posibilidade de incorporar outros cursos formativos deste ámbito en vindeiras edicións.

O concelleiro de Xuventude e Formación, Ricardo Cheda, amosouse moi satisfeito pola consecución destas iniciativas, afirmando que “fusionar xuventude e formación nunha mesma actividade é sumamente importante, tendo en conta ademáis a alta empregabilidade que ofrecen cursos coma estes”.