A betanceira Arianna Deibe pasou todos os cortes e seleccións previas para ser unha das 10 representantes da Selección Española no Campionato do Mundo Cadete que se celebra en Fujairah (Emiratos Árabes Unidos) do 10 ao 14 de Maio. Como campiona de España na categoría de -51 kg, representa ao noso país nesa categoría entre 40 deportistas de todo o mundo, sendo unha categoría das máis numerosas do mundial.

Ari comezou a súa participación contra a representante de Jordania. Os nervios eran palpables, pero tirou de casta e venceu por 2 asaltos a 0. Na segunda rolda tocou Portugal, nun combate tremendamente igualado. Ari gañou por 7-5 o primeiro asalto, e cando xa acariciaba a victoria, a Portuguesa arriscou e deulle a volta ao marcador nos últimos segundos (10-7).
O terceiro e definitivo asalto comezou coa mesma igualdade, ata que a taekwondista portuguesa se escapou 5 puntos arriba e Ari, a pesar de dar todo o que tiña dentro, non puido remontar para meterse entre as 10 primeiras do mundo. No traballo, posto 17º e unha experiencia inolvidable.
Betanceiras que fan historia deportiva da cicade betanceira. É un orgullo para a cidade levar o deporte base ata outros continentes. O apoio institucional demóstrase unha vez máis na participación de campionatos como este, sendo dunha importancia mundial. O club kwon é exemplo de competición, levando a decenas de rapaces e rapazas ata o máis alto en campionatos autonómicos e nacionais.












