O concello poñera en marcha un dispositivo especial ante o aumento de nivel da marea, nos próximos días, na zona do Malecón da Ribeira.

484

O Concello poñerá en marcha durante os próximos días un dispositivo especial na zona do Malecón da Ribeira en previsión das mareas que se producirán  e a posible apertura de comportas das minicentrais do Mandeo por aumento de caudal no río, que a día de hoxe non está confirmada.

Este dispositivo é o previsto cada vez que hai previsión de que pode producirse un fenómeno adverso de estas características. Tratase dun “protocolo establecido polo Concello cos servizos municipais de Protección Civil e Policía Local”, explica a alcaldesa, María Barral.

A previsión da cota de mareas nos próximos días que pode unirse a un posible aumento de caudal no río motivan este tipo de protocolos que inclúen tamén  unha serie de medidas de seguridade.

Así, sinalizarase a zona para delimitar o aparcamento de vehículos ao longo do Malecón como se fixo en outras moitas ocasións. Xunto a iso, colocaranse sacos de area nos ocos onde se sitúan as escaleiras de baixada ao río e non existe muro co obxectivo de frear, na medida do posible, que poida chegar a auga á estrada.

Tamén están advertida da situación Estradas do Estado que fai un seguimento técnico do sistema de bombeo coincidindo coas pleamares.

Desde Protección Civil tamén se fará un seguimento especial durante eses días, vixiando ademais da zona da Ribeira e Tolerancia a área do porto, que tamén se ve afectado, normalmente, pola subida do caudal do Mandeo. Neste sentido, advertirase ás empresas sobre a situación.