Do 11 ao 17 do pasado mes de agosto celebrouse en Zaragoza o Campionato de España de Billar no que o noso deportista Juan Sergio Suárez Extravís obtivo o 5° posto tanto na categoría individual de Bóla 8 como na categoría por parellas de Bóla 9 xunto co seu compañeiro Diego Barros.

A competición disputouse entre un total de 400 xogadores aproximadamente o que fai que o 5° posto sexa un gran éxito para o xogador de Betanzos, membro do Club Brigantium co que colabora o Concello de Betanzos.
Destacar que Sergio foi o único xogador galego senior en clasificarse para os últimos postos este ano, despois de conseguir ao longo da súa carreira deportiva numerosos logros en campionatos galegos, nacionais e mesmo no mundial que se celebra na cidade de Las Vegas.
Esperamos que siga cotizando éxitos e así ser exemplo e ir abrindo camiño a outros xogadores novos que adestra no seu club.












