O Concello recoñece a traxectoria do Centro Pai Menni entregándolle a Medalla de prata da cidade á institución. Galería de imaxes

269
ENTREGA MEDALLA PLATA PAI MENNI 19-abril-2023

O Concello entregou o pasado día 19 deste mes, nun acto na Sala capitular do Concello, a Medalla de Prata da cidade ao Centro Pai Menni-Irmás Hospitalarias coincidindo co seu centenario, unha distinción aprobada no seu día, a proposta do grupo de goberno na Comisión de Honras e Distincións.

A primeira edil, María Barral,  destacou que con este galardón o Concello pretende destacar a súa traxectoria e o seu labor non só con centos de betanceiros/as durante todos estes anos senón tamén a nivel provincial e galego, “dunha institución que, a día de hoxe, é, sen dúbida, un referente”. Será un acto aberto á cidadanía.

Ademais, o día 5 de maio, entregaráselle outra Medalla de Prata da cidade, neste caso ao Colexio de Educación Infantil e Primaria CEIP Francisco Vales Villamarín que este ano cumpre o seu 50 aniversario. O seu labor, non só de formación educativa senón tamén persoal, de miles de betanceiros e betanceiras durante estes cincuenta anos de historia que converteu o centro nun dos principais colexios públicos da provincia, por número de alumnado e traxectoria.