Caimanes Betanzos organizou o pasado 15 de abril o VI XCO Caimanes Betanzos no lugar da Cortella no Concello de Coirós cunha participación de preto de 200 corredores e corredoras de toda a comunidade autónoma.
Esta proba forma parte do calendario da Copa de Galicia de XCO, e é terceira xornada desta dun total de once.
A proba comenzou ás 16.30 horas e prolongouse ata as 20.00 horas.
O circuíto constaba de 4240 metros de lonxitude cun desnivel de 101 metros positivos por volta, con constantes subidas e baixadas, onde ademais había que sobrepasar diversos obstáculos naturais (rock garden, pedras de grandes dimensións) que fixeron as ledicias das persoas participantes e do público asistente.
No que respecta os resultados no noso Clube, destaca Raul Puelles (3.º en cadete masculino) e Martín Díaz (3.º en júnior masculino).
Ademais cómpre mencionar a:
- Pedro Liaño, 20.º en cadete masculino
- Guillermo Mallo, 27.º en cadete masculino
- Diego Soler, 31.º en cadete masculino
- Lucas Arias, 32.º en cadete masculino
- Héctor Gómez, 35.º en cadete masculino
- Adrián Caamaño, 6.º en júnior masculino
- Quique Calviño, 16.º en máster 30
- José M. Vázquez, 26.º en máster 40

