O Concello requiriulle a arredor de 200 persoas propietarias de parcelas que limpen as malezas

461

O goberno local requiriulle nos últimos meses a arredor de 200 persoas propietarios de terreos a limpeza destes con base  á Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia da Xunta. Trátase de terreos situados tanto no rural como na zona urbana, cuxo estado de abandono foi detectado polos servizos municipais, ben tras unha denuncia da veciñanza  ou ben de forma directa.

A través de 184 requirimentos, o Concello lémbralle o seu deber ás persoas propietarias dos terreos de corrixir o estado de abandono no que se están as parcelas e facerse cargo dos prexuízos, no caso de que os houbese, que se lle causen ás parcelas lindeiras. Lembra o interese xeral de que “todas as parcelas e soares do Concello estean nun adecuado estado de limpeza e corta a masa vexetal como establece a lexislación vixente”.

Neste sentido, o Concello comunícalles a obriga que teñen as persoas propietarias de manter en boas condicións estes terreos segundo a Lei de prevención e defensa contra incendios da Xunta de Galicia nos prazos establecidos para iso (actualmente do 31 de maio), de acordo cos criterios establecidos pola Orde da Xunta en materia forestal. No caso de que non se realicen os traballos, o Concello incoaría expediente sancionador.

Dos 184 expedientes iniciados nestas últimas semanas, 53 xa foron limpadas polos propietarios despois de recibir o requirimento do Concello.

O Concello lémbralle ás persoas propietarias de inmobles o seu deber de evitar o medre de maleza e outros vexetais que lle afecten ás parcelas lindeiras, así como controlar as plantacións, aínda que fosen de crecemento accidental, de árbores que poidan invadir parcelas lindeiras ou causarlles calquera clase de perturbación.

O Concello  insiste na  obriga que teñen os e as propietarias de evitar o crecemento de especies que dificulten a visibilidade das vías públicas, especialmente, en cruces ou lugares de paso para vehículos. A maleza ou o resto dos elementos non poderán, en ningún caso, invadir as vías públicas, tanto en superficie como en voo.

Advertíuselles, ademais, de que se non se acomete a xestión da biomasa das parcelas nun prazo de 15 días naturais, desde a recepción das comunicacións que están a recibir, abrirase un expediente que podería supor a execución subsidiaria dos traballos, e repercutirlle os gastos correspondentes á conta das persoa propietaria ou a imposición de multas coercitivas de 1000 a 10 000 euros.