O goberno local prevé reforzar este ano o gasto social través de partidas vinculadas á COVID

461

O goberno local prevé reforzar este ano o gasto social  través de partidas vinculadas á  Covid tanto con fondos propios como a través do  POS adicional da Deputación, que se reservará para financiar gastos sociais extraordinarios xerados como consecuencia da pandemia.

Deles, a partida máis elevada irá para cubrir axudas económicas que aseguren a cobertura de necesidades básicas como vivenda, alimentación, electricidade, gastos médicos ou farmacéuticos de persoas  que residan soas,  familias, maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social, con baixos ou nulos ingresos económicos que viron a súa situación agravada pola  Covid. Para estas axudas destinaranse máis de 82.000 euros.

Outro dos aspectos que reforzará a dotación económica o  Concello, segundo explicou a alcaldesa, María Barral, é para gastos que faciliten a escolarización, material informático ou acceso a medios dixitais, seguindo a liña iniciada o pasado ano na que o Concello adquiriu equipos e  router para que os alumnos que carecían de medios técnicos puidesen seguir as clases  nos seus domicilios.

Para este ano a previsión económica é de case 50.000 euros.

Tamén se reforzará o servizo básico de axuda a domicilio, é dicir, o que leva a cabo directamente o  Concello a través dos Servizos Sociais e que non inclúe a persoas dependentes. A idea é reforzar o servizo con máis persoal para o que se destinan case 15.000 euros

Por último, reservarase unha partida para a adquisición de material de prevención destinada a profesionais de Servizos Sociais e persoas usuarias dos distintos programas. O  Concello reserva para a compra de material uns 5.000 euros.