O goberno local acaba de conceder licencia de obras a empresa General de Edificios y Solares, propietaria do edificio coñecido como “Fábrica de la Luz” para executar os traballos de consolidación do edificio incluidos na orden de execución dictaminada polo Concello. Estes traballos contan coa autorización de Patrimonio. Trátase, en síntesis, de actuacións de consolidación, estabilización e aseguramento do conxunto edificatorio cun orzamento que alcanza os 135.319 euros segundo a solicitude de licenza presentada.
Unha vez aprobada a licenza, os propietarios terán seis meses para o inicio das obras e 36 para a finalización das mesmas 36 meses, sen interrupción das obras por tempo superior a 6 meses. Tendo e conta o edificio de que se trata e a súa protección, todo o conxunto das construcións debe quedar debidamente documentado canto menos mediante unha reportaxe fotográfica previa ao proceso de desmontase necesario e acopio de elementos, que, asemade, deberán permanecer en lugar seguro e protexidos.
Os traballos recollen actuacións de consolidación da estrutura da cuberta e dos cerramentos do edificio principal da fábrica de electricidade. A fin de cumprir o requirido, a propiedade deberá procederse á desmontaxe controlada dende o exterior, gardando e cumprindo tódalas medidas de seguridade e protección establecidas, dos elementos que conforman a cuberta (material de remate en tella cerámica plana, entaboado, estrutura secundaria e principal) que se atopan derruídos cara o interior. Ademáis deberá procederse á desmontaxe do aleiro en voo en estado precario situado preto o volume ó noroeste.
Será necesario o estudo da estabilidade e seguridade dos panos de fachada, durante as labores da desmontaxe, principalmente en tramo central. No que en caso necesario deberá procederse a súa desmontaxe.
Deberá estudarse e avaliarse individualizadamente o estado dos restos da edificación durante as labores de desmontaxe por parte do técnico director responsable cualificado correspondente, co fin de acadar en todo momento a seguridade dos traballadores así como a estabilidade, seguridade e protección do ben sobre o que se intervén.
Unha vez levadas a cabo estas labores, deberá procederse, sempre en condicións de seguridade, á retirada de revestimentos interiores tales como falsos teitos e entullos acumulados no interior, que permitan acceder á estrutura de cuberta e cerramentos que se manteñan en pe. Deberá procederse ao apuntalamento dos restos de estrutura principal, secundaria e cerchas da cuberta, así como cerramentos e elementos de fachada. A finalidade é obter a salvagarda de aqueles elementos que conforman o conxunto edificatorio que son susceptibles de ser recuperados.
Os apuntalamentos realizaranse por empresa especializada na materia, así como realizarse baixo a dirección e supervisión de técnico director responsable competente.
Será necesaria a retirada e convinte acopio en lugar seguro, dos elementos protexidos singulares tales, como carpinterías e reixas, cubrición (tellas), revestimentos decorativos, partes cerramento e elementos estruturais que se poidan restaurar, así como lámpadas de iluminación, para posterior aproveitamento en fase posterior que se indicará en apartado segundo.
Tras estas actuacións, será necesaria a cubrición (a modo temporal) dos elementos que se manteñan, co fin de evitar e protexer de inclemencias metereolóxicas o interior da edificación.
Sobre o volume ó noroeste: Deberá procederse á revisión da estabilidade do conxunto edificatorio. Así mesmo, deberán colocarse testigos sobre as gretas existentes, co fin de determinar a súa evolución e a necesidade de adopción de medidas de apuntalamento deste elemento. Tamén será necesaria a retirada dos entullos e enseres acumulados no seu interior, así como dos vidros que se atopen soltos e disgregados das carpinterías exteriores. Igualmente deberá procederse ao tapiado e delimitación dos ocos, co fin de evitar o acceso e depósito de lixo dende o exterior. Deberá efectuarse a reparación, limpeza e adaptación da correcta suxeición dos canlóns e baixantes de recollida de augas pluviais da edificación, así como a revisión da seguranza dos elementos de cobertura (tellas).
Sobre toda a parcela: Limpeza, corte e retirada da biomasa vexetal existente no interior da parcela así como a que invade as construcións lindeiras e propias do predio. Correcta delimitación do punto de acceso á finca, co fin de evitar a entrada de persoas alleas ao seu interior.
Sobre corpo intermedio: Necesidade do correcto tapiado de ocos en acceso.
Sobre aserradoiro: Deberá revisarse a estrutura principal e cerramentos co fin de analizar a súa seguridade e estabilidade. En caso necesario dotación dos apuntalamentos necesarios. Revisión e recolocación das pranchas en cuberta, co fin de garantir a correcta estanqueidade deste elemento e evitar a entrada de auga ao seu interior.