O proxecto piloto de achegar o Obradoiro de Memoria e Estimulación Cognitiva ao ámbito rural, que o Concello de Betanzos puxo en marcha a comezos do 2022, continúa a partir do mes de outubro durante todo o curso escolar, ata xuño de 2023.
As parroquias de Infesta, Xanrozo e Betanzos contarán con esta actividade, na que poderán participar as persoas de 60 ou máis anos.
Para descargar a folla de inscrición editable prema aquí
As e os maiores con interese en participar poden realizar a súa inscrición nos centros sociais de Infesta e Xanrozo e nas dependencias dos Servizos Sociais municipais, do 26 de setembro ao 7 de outubro.