O programa Cuidadanas volve a Betanzos con obradoiros de relaxación e xestión emocional.

598

O Concello de Betanzos pon en marcha por cuarto ano consecutivo o servizo de apoio integral a mulleres coidadoras, que desenvolve Fundación Mulleres.

A través deste proxecto traballaranse temas tan importantes como a autoestima, a xestión emocional, a relaxación e o autocoidado.

Desenvolverase na Aula de Usos Múltiples dos Servizos Sociais todos os venres dende o 25 de abril ata o 20 de xuño, en horario de 10:30 a 12:30.

Nesta actividade poden participar mulleres a partir dos 18 anos, e ofrécese como un servizo totalmente gratuito.

O prazo de inscrición estará aberto ata o luns 21 de abril, incluído, chamando ao departamento de Servizos Socais no 981.77.07.07 ou enviando un correo electrónico a [email protected].

Este programa está financiado pola Deputación da Coruña