O Concello executa os traballos de renovación do pavimento da avenida Jesús García Naveira.

Trátase dunha actuación coa que se mellora o firme de aglomerado da totalidade da avenida así como realizarase un novo pintado, revisando ademais as tapas de servizos, despois de que esta vía sufrise nos últimos anos un constante e lóxica deterioración como consecuencia da importante intensidade de tráfico que absorbe.

O asfalto nestes momentos contaba con numerosos tramos gretados, así como problemas nos trazados de pendentes que xeraban dificultades para a correcta xestión das augas pluviais. Por iso, fixose a renovación integral da pavimentación existente de aglomerado mediante unha operación de fresado e posterior substitución do espesor de aglomerado asfáltico.

Os técnicos municipais explicaron que non se actuou sobre as zonas de aparcamento da avenida, executadas con lastra de pedra, salvo naqueles casos nos que foi necesaria a súa substitución no seu contacto co aglomerado asfáltico e as zonas contiguas necesarias para a súa correcta execución.

Repoñerase, iso si, a sinalización viaria co pintado de todas as áreas de carga e descarga e posibles vaos, coa excepción da modificación da praza de aparcamento de persoas de mobilidade reducida para a súa adaptación ás dimensións esixidas de acordo con a normativa vixente. A maiores melloraranse os pasos de peóns, con pintado e con actuacións complementarias a través de iluminación que reforcen a seguridade viaria.

Ademais, en paralelo, colocaranse tamén novos semáforos, cuxas obras comezarán o luns día 7 .