Dende a Área de Xuventude entregamos os diplomas ás nenas e nenos participantes no Campamento dixital unha iniciativa do concello xunto con @cibervoluntario e @CeMITBetanzos.
Esta iniciativa, pioneira no concello, combinou xuventude, innovación, formación e conciliación.
O resultado: nenos e nenas felices, aprendizaxes novas e moita diversión, nun campamento pensado tamén para axudar na conciliación familiar nesta Semana Santa.












