Preséntase Betanzos Capital, un proxecto audiovisual para contar e achegar a historia doutro xeito.

101
A alcaldesa María Barral e o historiador Ángel Arcay presentaron os folletos e varios dos vídeos a prensa.

Na maña do mércores día 20 de marzo o cine Alfonsetti acolleu un evento singular, a presentación pública dun proxecto divulgativo sobre Betanzos que pon en valor o pasado histórico da cidade durante o Reino Medieval de Galicia. En palabras dos promotores do proxecto “a historia pode ser apaixoante se unha vez que a coñeces, sabes transmitila”. Dende Marma S Coop era o propósito do seu proxecto sobre Betanzos, gañador no II Certame de Fondos de proxectos culturais Reino de Galicia que promove a Deputación da Coruña.

O proxecto realizouse co asesoramento e colaboración de Ángel Arcay, director do Arquivo de Betanzos e Museo das Mariñas xunto cunha nova xeración de historiadores da cidade coma Andrea Rivera, José Ángel Paz, Sara Fraga, Antonio González, Elena Carro e América Díaz. Todos eles ademáis de participar no desenvolvemento dos contidos, protagonizan cada un dos vídeos.

Betanzos Capital: os segredos do Betanzos Medieval, é un proxecto audiovisual que a través do formato de vídeo explica oito segredos ou anéctodas relevantes que axudan a entender o simbolismo do patrimonio, a transformación que sufriu a cidadee os fitos que converteron a Betanzos nunha das capitais do Reino de Galicia ata 1833.

Ademais os vídeos promoven unha ruta histórica para animar ao público tanto local como visitante a percorrer a cidade. Para iso, e coa colaboración do Concello, creáronse uns trípticos con acceso QR aos vídeos e un mapa no que se sitúan os lugares de interese. Como curiosidade, o mapa elexido é unha adpatación creada a partires da pintura de Antonio Vázquez do ano 1616, onde se recoñece a disposición amurallada da cidade.

Aínda que en Fitur foi estreado un dos vídeos debido á temática sobre a Feira Franca, será a partires do 20 de marzo cando se publicarán os vídeos a través da propia canle de Youtube @Betanzoscapital.

A alcaldesa María Barral e o historiador Ángel Arcay presentaron os folletos e varios dos vídeos a prensa, aínda que nos próximos días espérase un evento público coa proxección dos contidos e participación de todos os protagonistas.

DATOS CONTACTO:

Marma S.Coop Galega / Marina Pérez 660.634.975 [email protected]