O próximo martes 23 de novembro comeza a 20.ª edición da actividade “Grupo de nais e pais pola saúde”

808

O martes 23 de novembro comezamos un ano máis, e xa van vinte, a actividade “Grupo de nais e pais pola saúde” dentro do programa de prevención no ámbito familiar “Máis que un teito” do curso 2021-2022.

Esta actividade gratuíta se leva a cabo pola a Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos, en colaboración coa Consellería de Sanidade, dende o ano 2002 sendo esta a 20.º edición estando aberta a todos os pais e nais que queiran compartir un espazo de comunicación e coñecemento, xa que nas distintas reunións trataremos, entre todos e todas, aqueles temas que son de interese e preocupación para nais e pais á hora de educar os nosos fillos e fillas, relacionados coa vida familiar e social como as normas e os límites na familia, o uso de internet e o móbil, a escola e a familia, os problemas de conduta e os hábitos de vida saudables, entre outros posibles temas.

Ademais, volveremos contar coa posibilidade de realizar as sesións presenciais ou en liña, mediante vídeo reunións, para aquelas persoas que así o prefiran.

A periodicidade será dunha xuntanza mensual de novembro de 2021 a xuño de 2022 sendo o horario de 20:00 a 21:00 horas.

As inscricións poderanse entregar no edificio de Servizos Sociais do Concello de Betanzos en horario de 09:00 h a 14:00 h. Tamén se pode enviar a inscrición ao enderezo electrónico [email protected] e a data límite é o luns 22 de novembro.

Para descargar o formulario de inscrición prema. aquí

Ademáis poden facerse as inscripcións en liña premando. aquí