Esta novidade supón un cambio nas normativas e restricións.
Algunhas das máis importantes son as seguintes:
- O aforo xeral increméntase ao 100% prácticamente en todos os eidos.
Na hostalaría
- O venres e sábado, os establecementos poderán pechar ás 1:30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para as 1:00 horas.
No lecer nocturno:
- Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas.
- As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
Estas medidas entrarán en vigor o sábado 23 de outubro ás 00.00 horas.