Obradoiro de Movemento, Lingua e Apego: Danzando en familia

478

Trala pausa das vacacións de Nadal, recuperamos o Danzando en familia! Xunto con Laura Martínez Rey, de @removecorpoemente, comezamos unha nova edición do Obradoiro de Movemento, Lingua e Apego. Un espazo para familias con nenos e nenas de entre 1 e 6 anos, para poñermos en marcha o noso corpo… e a nosa lingua!

Nas sesións mensuais deste obradoiro, traballaremos a estimulación sensorial e as emocións ao ritmo da música e da palabra, nun ambiente recollido e familiar. Para iso, combinaremos dinámicas como o baile ou a pintura co uso de diferentes materiais e elementos da natureza. Unha boa oportunidade para conectarmos cos máis pequenos e pequenas da casa, a través do xogo e o movemento.

Este obradoiro componse de 5 sesións, que terán lugar os seguintes sábados de cada mes: 7 de febreiro, 14 de marzo, 11 de abril, 9 de maio e 6 de xuño. Cada un destes días, ás 12:00 horas, na Sala de Usos Múltiples do Edificio Arquivo.

 

 

Para participar será necesario inscribirse previamente, do 26 de xaneiro ao 5 de febreiro, clicando no banner dispoñible en novas.betanzos.gal.  Haberá un total de 20 prazas para nenos e nenas, que poderán asistir acompañados/as de ata 2 persoas adultas*. A inscrición é para todas as sesións (prégase informar con antelación no caso de non poder asistir a algunha das sesións). Máis información no Servizo de Normalización Lingüística: [email protected] ou 981770011 (ext. 2252).

*A adxudicación de prazas será por orde de inscrición, con prioridade para nenos/as empadroados/as no concello.