Recepción aos betanceiros e betanceiras residentes en Madrid con motivo da presenza municipal en FITUR.

659

A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o tenente de alcaldesa, Andrés Hermida, participaron na recepción institucional que organiza anualmente o Concello con motivo da presenza municipal en FITUR e para encontrarse coa veciñanza betanceira na capital de España.

Tivo lugar na taberna Garelos da rúa Zurbano, en Madrid. A rexedora destacou que “facemos este acto con moito agarimo para vernos, para celebrar xuntas e xuntos que estades aquí, aínda que un pouco lonxe de Betanzos, si moi preto emocionalmente da nosa cidade”.

Ao remate do encontro, fíxolles entrega do calendario que o Concello envía a todos os fogares betanceiros, e que agora estará tamén nos domicilios dos betanceiros e betanceiras de Madrid, así como unhas láminas editadas polo Concello de Betanzos con motivo das danzas de mariñeiros e labregos.