Os concellos de Betanzos e Coirós comezaron un novo obradoiro dual de emprego “Empregabilidade na asistencia persoal”. O obradoiro foi presentado polo concelleiro de Formación, Ricardo Cheda.
O obradoiro prolongarase durante nove meses nos que tamén se inclúen prácticas no centro Pai Menni, a residencia García Irmáns, Aspace, Aspronaga e o Servizo de Axuda a domicilio de Betanzos.
En total participarán 20 alumnos, tres de Coirós e o resto de Betanzos Esta especialidade conta cunha altísima taxa de inserción laboral, rozando o 90% dos participantes do anterior obradoiro.












