Os centros de ensino de secundaria de Betanzos organizan o Concurso de fotografía “Betanzos 1936 – 2026”

213

O Concello de Betanzos colabora cun novo proxecto organizado polos centros de ensino de secundaria IES As Mariñas, IES Francisco Aguiar e CPR Nosa Señora do Carme Atocha. Trátase do concurso de fotografía “Betanzos 1926 – 2026”, que xorde a partir da revisión das fotografías tomadas por Ruth Matilda Anderson na súa visita a Betanzos hai cen anos.

Este concurso está destinado ao alumnado dos centros de ensino de secundaria do Concello, que poderá participar individualmente ou en grupos, nas seguintes categorías:

  • 1.º e 2.º da ESO

  • 3.º e 4.º da ESO e FPB

  • Bacharelato, ciclos medios e ciclos superiores.

O obxectivo é reproducir na actualidade unha das fotografías realizadas en Betanzos por Ruth Matilda Anderson e acompañar a imaxe dun breve texto explicativo (de entre 50 e 300 palabras), en lingua galega, no que se describan as transformacións experimentadas polo espazo retratado.

As obras deberán presentarse a través do enderezo electrónico [email protected]. Deberá indicarse o nome completo do autor/a, o curso e o centro no que estuda.

Concederase un premio por cada categoría e os traballos gañadores serán expostos no Edificio Liceo do Concello de Betanzos.

Podes consultar as bases aquí.

Descarga aquí a autorización de uso de imaxe e difusión.