
Os Reis Magos de Oriente entregaron os premios do III Concurso de cartas aos Reis Magos na Sala capitular da Casa do Concello. Nesta visita previa á cabalgata do 5 de xaneiro, déronlle os parabéns aos gañadores e gañadoras das distintas categorías e entregáronlles os agasallos.
Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados pola alcaldesa, María Barral e a concelleira de Normalización Lingüística, Ana Veiga, entregáronlles os premios a Gabriel Barreiro, Lola Vázquez, Adriana dos Santos, Noa Moure, Carla Medín, Lucía María Vecino, Nerea Fraga e Alberto Barros.