Presentación da VI edición do Programa de Formación Universitaria Específica para os adultos maiores.

355
UNIVERSIDADE SENIOR 23-setembro-2024
A alcaldesa de Betanzos, María Barral Varela, xunto con diversos representantes da Universidade da Coruña, presentaron o pasado día 23 de setembro, a VI edición do Programa de Formación Universitaria Específica para os adultos maiores.

 

Os módulos estarán divididos en  Arte e Patrimonio, do 23 de setembro ao 1 de outubro; Ciencia e Tecnoloxía, do 7 ao 15 de outubro; e  Saúde e Benestar, do 21 ao 29 de outubro.

O programa consta de tres módulos, con sesións teóricas, de 17 a 19 horas, e sesións prácticas. Todas elas impartidas, en dous días a semana, por profesorado da Universidade da Coruña, nas que se abordarán diferentes temáticas:

MODULO 1. Arte e Patrimonio

* 23 de setembro, “O Imaxinario Social da Natureza e os seus Desastres”, a cargo da profa. Elvira Santiago Gómez

* 24 de setembro, “A Moda a través da Historia” a cargo da profa. Elvira Lezcano González

* 30 de setembro, “Do Renacemento ao Barroco a través da Arquitectura dos Mosteiros Galegos” a cargo da profa. Estefanía López Salas.

* Martes, 1 de outubro, en horario por determinar, Visita cultural

MODULO 2. Ciencia e Tecnoloxía

* 7 de outubro, “I+D e Innovación en Galicia” a cargo do prof. Alfonso Bravo Juega.

* 8 de outubro, “Situarse no Mar: O Ceo como Guía” a cargo da profa. Alsira Salgado Don.

* 14 de outubro, “Ciencia con Datos” a cargo do prof. Salvador Naya Fernández

* 15 de outubro, en horario por determinar, Saída de campo

MODULO 3. Saúde e Benestar

* 21 de outubro, “Factores de Risco da Demencia” a cargo do prof. J. L. Rodríguez-Villamil Fernández.

* 22 de outubro, “Que é o Edadismo? Reflexionando para acadar unha Sociedade Inclusiva”, a cargo da prof. Raquel Veiga Seijo

* 28 de outubro, “Augas termais e Saúde” a cargo da profa. Rosa Meijide Faílde.

* 29 de outubro, en horario por determinar, Saída de campo

O día 28 de outubro, a partir das 19:15 horas, terá lugar o Acto de clausura a entrega de diplomas aos participantes.

Con este Programa, a Universidade Sénior achégase un ano máis ás persoas maiores de 50 anos de Betanzos, coa intención de seguir dando resposta as súas inquedanzas e necesidades formativas como ven facendo desde a súa primeira edición o ano 2018.