O festival Mariñas Sound tivo lugar no Pasatempo e nel xuntáronse preto de 3.000 persoas para gozar da música de Gonzy, Dj. Valentino e artistas locais de Betanzos e a súa comarca.
O festival desenvolveuse grazas ao apoio do Concello de Betanzos, xa que dende a concellería de Xuventude se apostou firmemente por albergar no Concello eventos con artistas musicais internacionais.
A alcaldesa, María Barral, amosou a súa satisfacción e parabenizou á organización polo desenvolvemento do festival.
Mariñas Sound chega á nosa cidade para quedarse










