A alcaldesa de Betanzos, María Barral, e o concelleiro de Deportes, Ricardo Cheda, xunto ao alcalde de Paderne, Sergio Platas, recibiron a un dos equipos femininos de minibasket do Club Santo Domingo Betanzos.

As xogadoras veñen de proclamarse campioas da Coruña e conseguir o bronce no Campionato Galego, un gran logro froito do esforzo e dedicación durante toda a tempada.

As autoridades quixeron felicitalas polo éxito e animáronas a seguir adiante, entregándolles un pequeno agasallo institucional como mostra de recoñecemento.

Grazas ao Club Santo Domingo polo seu compromiso co deporte base, especialmente co feminino, recollendo éxitos merecido froito do traballo de toda a tempada.