CEMIT de Betanzos organiza novas actividades para o mes de xullo

350

Na Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT do Concello de Betanzos terán lugar catro actividades formativas.

O día 15 de xullo celebrarase o curso “Certificado persoa física” para adquirir o teu certificado de persoa física e ver o uso.. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 12:00 h.

Os días 16, 17, 21, 22 e 23 de xullo celebrarase o obradoiro “Mecanografía para nenos e nenas”dirixido ao público menor de idade. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

O día 16 de xullo celebrarase o exame “Exame de teleformación EMA” dirixido á poboación en xeral que previamente finalizara o curso de teleformación na plataforma EMA. Esta actividade levarase a cabo en horario de 11:00 h a 12:00 h. Á hora de entrada ao exame é ás 11:00 horas.

Os días 28, 29, 30, 31 de xullo e 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de agosto celebrarase o obradoiro “Iniciación á informática, internet e correo electrónico” dirixido á poboación en xeral. Esta actividade levarase a cabo en horario de 09:00 h a 10:30 h.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolle os medios e as ferramentas necesarias para poder formar parte activa da sociedade da información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Betanzos situada na rúa Emilio Romay n.º 1.