María Pilar Gestal Fandiño, da Fundación Hospitalarias Betanzos, foi a gañadora do 1.º premio do Concurso de carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos. O cartel foi o escollido para ilustrar o programa das Letras Galegas do Concello de Betanzos 2026.
Os accésits da décimo sexta edición deste concurso foron para Antía Pérez Torres, de 4.º de primaria do CEIP Francisco Vales Villamarín, e para Sarela Martínez Blanco, de 1. º de primaria do CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”.
O xurado valorou a participación, a calidade e a orixinalidade e a adecuación ás bases dos carteis presentados, que este ano tiñan como protagonista a Begoña Caamaño, a autora homenaxeada.
A entrega de premios do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas terá lugar o venres 29 de maio, ás 19:00 h, no Salón Azul do edificio Arquivo.
1.º premio do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas
María Pilar Gestal Fandiño (Fundación Hospitalarias Betanzos)
Accésit do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas
Antía Pérez Torres (4.º EP, CEIP Vales Villamarín)
Accésit do XVI Concurso de carteis das Letras Galegas
Sarela Martínez Blanco (1.º EP, CPR Nosa Señora do Carme “Atocha”)














