Resolto o XIII Concurso de creación literaria do Concello de Betanzos

308

O Concello de Betanzos vén de resolver a décimo terceira edición do Concurso de creación literaria. O xurado acordou outorgar os seguintes premios:

CATEGORÍA ESO

Primeiro premio: “O que foi cidade”, de Pablo Cid Castro (4.º ESO, IES Francisco Aguiar)

Accésit: “O xabarín de ouro”, de Inés García García (1.º ESO, IES As Mariñas)

CATEGORÍA BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

Primeiro premio: “O xardín das cousas que se esquecen”, de Andrea Bello Meijide (2.º Bacharelato, IES As Mariñas)

Accésit: “Viaxe de ida”, de Iria María Sánchez García (1.º Bacharelato, IES As Mariñas)

CATEGORÍA ABERTA

Primeiro premio: “O pirómano”, de Jacobo Paz Limia

Accésit: “Porta de embarque”, de Francisco Javier Fernández Davila

O Concello de Betanzos agradece a implicación de todas as persoas participantes, dos centros de ensino e do xurado.

O acto de entrega de premios do XIII Concurso de creación literaria terá lugar o venres 29, ás 19:00 h, no Salón Azul do edificio Arquivo.