Reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero

104
Ademais da alcaldesa de Betanzos, María Barral, na mesa estiveron presentes representantes do equipo Viogen da Garda Civil, Policía Local, CIM de Coirós, a subdelegación do Goberno, Servizos Sociais, e por primeira vez a maxistrada do xulgado número 3 de Betanzos, encargado dos casos de violencia de xénero.

O Concello celebrou a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á violencia de xénero na que se analizou a situación e as actuacións desenvolvidas desde as distintas administracións.

A mesa confirmou un aumento dos casos de violencia de xénero, en liña, lamentablemente, cos que se están producindo no país.

Ademais da alcaldesa de Betanzos, María Barral, na mesa estiveron presentes representantes do equipo Violencia de Xénero da Garda Civil, Policía Local, CIM de Coirós, a subdelegación do Goberno, Servizos Sociais, e por primeira vez a maxistrada do xulgado número 3 de Betanzos, encargado dos casos de violencia de xénero.