Reunión da Xunta de voceiros

797

A alcaldesa mantivo por videoconferencia unha Xunta de voceiros na que se avaliaron as accións levadas a cabo nestes días e a situación como consecuencia do Covid-19. María Barral informou dos servizos postos en marcha, especialmente, os relacionados con Servizos Sociais, a organización do persoal municipal e o funcionamento de servizos como Protección Civil e a Policía Local.

Entre outras cousas, a xuntanza serviu para analizar a situación económica xeral e valorar actuacións que pode levar a cabo o Concello para minimizar estes impactos económicos. Tras afirmar que os servizos municipais que como consecuencia do estado de alarma non se poden realizar como a escola infantil, a escola de folclore, o conservatorio, o comedor escolar, o servizo de madrugadores, entre outros “compensarase aos usuarios e usuarias o seu custo, nuns casos non cobrando e noutros devolvendo o diñeiro que xa se pagou”.

A partir de aquí, os tres partidos con representación municipal, PSOE, PP e BNG consensuarán distintas medidas canto aos impostos e taxas municipais que teñen relación directa con sectores que neste estado de confinamento non poden desenvolver a súa actividade.  Sobre a mesa hai distintas ordenanzas que agora nas que se estudará o xeito de aplicar as bonificacións xunto cos servizos xurídicos e económicos.