Segunda avaliación III plan de igualdade

552

O Concello de Betanzos segue avanzando no seu compromiso coa igualdade de xénero ao publicar a segunda avaliación do seu plan de igualdade, dirixido entre outras cuestións, á concienciación e sensibilización social da cidadanía, á educación e prevención de condutas machistas e da violencia de xénero, ao apoderamento e participación social das mulleres e ao fomento da conciliación das familias.

Desta maneira, o Concello de Betanzos pon o foco na importancia de contar con instrumentos estratéxicos que permitan desenvolver diferentes accións en materia de igualdade, pero tamén na necesidade de avaliar estas políticas públicas para detectar os puntos fortes neste eido e corrixir aqueles aspectos con marxe de mellora.

Para consultar  documento de avaliación prema aquí