- Este evento ha pasado.
Taller “Cambia de bando”
24 Xullo, 2025 @ 12:00 - 13:30

O 24 de xullo celebrase o taller “Cambia de bando” en horario de 12:00 h 13:30 h na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.
Cambia de Bando é unha iniciativa da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) que nace co obxectivo de promover a igualdade de xénero e loitar contra o machismo a través da sensibilización e a educación. Dirixido á rapazada de 14 a 18 anos, busca poñer en cuestión estereotipos, prexuízos e condutas normalizadas que perpetúan a desigualdade, convidando a reflexionar e a dar un paso ao cambio.
A través de accións interactivas, recursos educativos e ferramentas innovadoras, Cambia de Bando fomenta a conciencia crítica e ofrece claves para construír unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias machistas. Porque xa é tempo de que a vergoña cambie de bando
É unha actividade organizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) en colaboración co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Betanzos e Aula CeMIT do Concello de Betanzos.
Para máis información e inscricións, presencialmente na Aula CeMIT do Concello de Betanzos.







