Traballos de desinfección nas rúas

597

O  Concello, a través dos servizos de Protección Civil, continúa o programa de desinfeccións de zonas públicas.

As actuacións mantéñense de madrugada nas rúas do centro urbano e a zona rural.  Execútanse en espazos abertos, públicos, como prazas, parques e rúas. Ademais estanse levando a cabo de forma especial en parques infantís e pistas polideportivas.

Tamén se están realizando labores de desinfección en mobiliario urbano como bancos e marquesiñas.

Todas as instalacións municipais dispoñen de información sobre as medidas de seguridade que deben adoptar os usuarios así como os teléfonos aos que chamar en caso de querer realizar xestións municipais ou recibir información sobre servizos.

No caso das instalacións deportivas, que eran as únicas que estaban pechadas ao público, fóronse abrindo durante os últimos días logo de realizar unha completa desinfección das mesmas.