Unhas 400 mulleres participaron na XVI edición da “Xuntanza de labores artesanais” de Betanzos

513

O Concello, a través da Concellaría de Servizos Sociais, xunto coa asociación de “Mulleres da Condesa” celebrou o pasado sábado 7 de marzo, a Xuntanza de Labores Artesanais dentro dos actos do Día da Muller.

Os actos, que comezaron coa recepción das participantes ás 10:00 h da mañá no edificio Liceo, reuniron a unhas 400 mulleres representantes de máis de medio centenar de colectivos entre asociacións, centros sociais, tendas especializadas dedicadas aos labores como encaixe de palillos, manualidades, coiro, flores secas, talla de madeira, liño etc.

Entre os participantes houbo asociacións de Ourense, Camariñas, Ferrol, O Bierzo, León e diversas zonas de Asturias e Cantabria.

Durante a xornada, aberta ao público en xeral, púidose visitar unha exposición de traballos, observar como os realizan e adquirir algunhas dos “labores” artesáns realizadas durante a propia xornada.

Esta xornada enmarcouse dentro dos actos de conmemoración do Día da Muller que ao longo desta semana tiveron lugar no municipio. Tendo en conta o éxito alcanzado en edicións anteriores, tanto en canto ao número de visitantes como de expositores, o Concello decidiu organizar xunto á asociación da Condesa este novo encontro. As mulleres participantes foron recibidas pola alcaldesa, María Barral, que destacou a importancia deste encontro para destacar e recoñecer o traballo das mulleres.