Xabier Pérez González, gañador da “Mellor tortilla caseira 2024” na Semana da Tortilla de Betanzos. Galería de imaxes.

451

Xabier Pérez González resultou gañador hoxe do premio á “Mellor tortilla caseira” que se outorga durante a Semana da Tortilla de Betanzos e á que se presentaron 14 participantes.

O xurado, presidido polo campión de España de Tortilla, Alberto García Ponche, representantes de ACEBE e a Reserva da Biosfera, elixiu a tortilla presentada por Xabier Pérez por diante das de Javier Loureiro Cal, que quedou en segunda posición; e Inés Muller Guevara, que quedou terceira. Os membros do xurado destacaron o nivel das tortillas presentadas este ano e a dificultade á hora de elixir as tres mellores.

A concelleira de festas Ángeles Veiga xunto a xurado, presidido polo campión de España de Tortilla, Alberto García Ponte, representantes de ACEBE e a Reserva da Biosfera, elixiu a tortilla presentada por Xabier Pérez por diante das de Javier Loureiro Cal, que quedou en segunda posición; e Inés Muller Guevara, que quedou terceira.

O concurso foi seguido por numeroso público que encheu o salón azul do edificio Liceo e que gozou dunha final moi igualada. O gañador, Xabier Pérez González, recibiu un trofeo conmemorativo e un lote de produtos do patrocinador “Aceites Abril” e do Concello; para o segundo e terceiro premio tamén houbo lotes de produtos do patrocinador e do Concello.