O betanceiro Carlos Arévalo consegue un dobrete histórico no Campeonato do Mundo de piragüismo en Halifax (Canadá).

416

Carlos Arévalo (Betanzos, 1993) converteuse en Canadá no primeiro español que gaña dous ouros nun mesmo Mundial.

Alcanzou a gloria co K4 500, na xornada do sábado, xunto a os seus compañeiros Rodrigo Germade,  Saúl Craviotto e Marcus Cooper e repetiu 24 horas despois na final do K1 200 metros.

No K1 200, Arévalo fíxose coa vitoria gracias a un tempo de 36,43 segundos. Tras el, quedaron o sueco Petter Menning (36,71) e do húngaro Kolos Csizmadia (36.82).

Asi recibiu a súa medalla de ouro Carlos Arevalo. VER

Foron moitas as felicitacións en redes sociais como a da alcaldesa de Betanzos María Barral, que escribiu en Twitter: “Profundamente emocionada tras un novo éxito colleitado por @Areval00, campión do Mundo tamén na modalidade K1-200. Esgótanse os calificativos para definirte. Só podo decir #OrgulloBetanceiro unha vez máis!